Son un OG… Orixinal Galego… Son un OG… Orixinal Galego… Son máis galego que o feísmo Atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo Non te achegues por aquí se non queres ver muralismo Porque son un OG…, avant garde dos que inventan ismos «OGismo», este tema é o manifesto Un emblema para que poida seguir o resto Un sistema superchovinista, crema Para que untes nesa autoestima tan enferma Son máis galego que un cego de licor café Que ir a misa un domingo ao saír ir a beber Máis galego qu o «Xénese» de DKTC Que o fondo azul cas gaivotas do PP OG como un patrón con boina e con bastón Que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón Andando como Fraga con paso vacilón Se ves falando castrapo, os OG´s din, «así non» XABIER «CAN DE PALLEIRO» MOUBIÑA: Chegan os OG´s, denominación de orixe Como a fariña do país, chegan os Big Pimps Coma patróns, facendo lowrider en chimpíns Matando peregríns con chanclas e calcetíns Orixinal galaicos, coma movendo os marcos Releando na feira, niso nunca fomos mancos… Din que non se sabe se subimos ou baixamos Perfecto, como nos gusta facervos parvos JAMIRO «MOLLADAS» DE SANTA: Son máis galego que un polbo nunha palleira Ou que un polbo á feira sobre un prato de madeira Ou que unha bañeira nunha leira de bebedoiro Ou que ter morriña primeiro e logo xenreira… Son tan galego que se subo, subo para arriba Se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho; A cooperativa OG non ten despacho, temos sede… Sede de beber nalgún furancho OG… Orixinal Galego… Son OG… Orixinal Galego… ROMAN CICIĈ: Son un OG… De Ordes a Santiago cheira a Dios o que lle botas ao piti… Da igrexa ao ximnasio vou pensando en botarche un quiqui… Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un OG… Un OG… IVAYLO: Calidade no sangue e na carne como a tenreira Os OG´s están na taberna co licor de herbas Vella escola, botando esterco e pisando bosta Nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba Orixinal galego como os guiris en Santiago Como ir limpar o monte ao teu terreo privado Rimando con frases célebres e memorables Como M. Rajoy no Congreso dos Diputados SONNY SOCRETT: Máis galego que un somier exercendo de cancela… OG, ti gasta as pelas no Leroy Merlín; Máis galego que a diglosia, esa mesma Pola que te mereces con creces esta boa hostia… Máis que un ultramarinos-café bar Ferretería-concesionario no mesmo pack E máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón Máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mourón… XABIER «CAN DE PALLEIRO» MOUBIÑA: Máis galego que a Operación Nécora Máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora Typical galician como o lacón con grelos Colgados e afumados, recheos coma botelos Vai por ghocevellos, ti oes visións… Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns OG´s como o Albariño, o Godello, o Ribeiro Pura sangue da filloa, son puro can de palleiro JAMIRO «MOLLADAS» DE SANTA: Orixinal, sen data de caducidade Dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade Os OG´s rimamos inda que ninguén escoite Disque os vagalumes brillamos na noite… Costumes; como facer dun galpón un casoplón En ben menos do que tarda en cantar un galo Só pura sorte? Estás equivocado Se a brúxula sinala o Norte será por algo… OG… Orixinal Galego… Son un OG… Orixinal Galego…
Песен-НИКИ
Загрузка...
Другие песни Boyanka Kostova
Все песни →Похожие песни

Бигасс
SODA LUV
Ничего личного
Русский рэп201975,449

Бандана
Платина
РНБ КЛУБ
Русский рэп201859,980

Свадебное путешествие
Александр Буйнов
Острова любви
Русская эстрада199954,906

Каспий жағалауы
Azamat
Поп200134,438

Шпилька-каблучок
Лолита
Анатомия
Русская эстрада201433,308

Девочка 2D
Dead Rave
Singles 15-17
Русский рэп201828,891


